Wiko anunciou onte os seus novos teléfonos Wiko View 2 como modelos de referencia. Porén, o fabricante francés tamén descubriu tres novas opcións para o segmento de entrada. Son os Wiko Jerry 3, Tommy 3 e Lenny 5. Todos eles veñen con prestaicóns sinxelas e prezos moi axustados.
Wiko Jerry 3
O primeiro deles, o Wiko Jerry 3, destaca polo seu prezo de 79€, ofrecéndonos:
- Pantalla de 5,45 polgadas IPS de relación de aspecto 18:9 e 480×960 de resolución
- Procesador MediaTek de 4 núcleos a 1,3 Ghz
- Cámara principal e dianteira de 5 MP cada unha
- 1 GB de RAM e 16 GB de almacenamento que se pode expandir con microSD até 64 GB
- Dual SIM
- Batería de 2400 mAh
Como vedes, polas súas especificacións estamos ante un terminal de entrada que xoga a baza do sistema operativo, pois con Android GO no seu interior a experiencia de uso terá que ser moito máis satisfactoria do que até agora atopabamos en terminais deste rango de prezo.
Wiko Lenny 5
O Lenny 5 é un terminal para aquelas que anden na procura dun móbil grande, pois conta con case 6 polgadas de pantalla e cunha cámara específica para selfis. En canto ao resto de características destacamos:
- Pantalla de 5,7 polgadas IPS, 18:9 e resolución HD
- Procesador MediaTek de catro núcleos a 1.3 GHz
- 1 GB de RAM e 16 GB de almacenamento que se pode expandir con microSD até 64 GB
- Cámaras: 8 MP para a frontal e 5 MP + Flash na traseira
- Dual SIM
- Batería de 2800 mAh
Por un prezo de 109€ temos outro terminal Android GO interesante ao que botarlle unha ollada.
Wiko Tommy 3
O terceiro desta serie é o Tommy 3, un terminal Androi GO moi semellante aos seus irmáns que chega para poñerlle as cousas complicadas ás usuarias. Está a cabalo entre ambos, pero mellora algunha característica ao Jerry 3 e non é tan grande coma o Lenny5. As súas especificacións son:
- Pantalla de 5,45 pulgadas IPS, relación de aspecto 18:9 e resolución 960 X 480
- Procesador MediaTek de oito núcleos Cortex A53 a 1.3 Ghz
- Cámara dianteira de 8 MP e 5 MP para a traseira
- Almacenamento de 16 GB e MicroSD até 128 GB
- Memoria RAM de 1 GB
- 2500 mAh de batería
- Dual SIM
O Tommy 3 chegará ao mercado por un prezo de 99€.