Bankia únese ao servizo de pago Samsung Pay

Samsung confirmou onte a dispoñibilidade do servizo Samsung Pay para todas as usuarias de Bankia, que xa poden realizar compras e transaccións de pago a través dos seus smartphones e reloxos intelixentes como Galaxy Watch, Gear S3 e Gear Sport. Por outra banda, a comunidade de Samsung Pay – que xa conta con máis de 800.000 usuarios no Estado español – poderá engadir as tarxetas de Bankia á plataforma e ampliar as súas opcións de pago.

Samsung Pay pódese usuar en calquera establecemento que dispoña dun TPV ou lector de tarxetas contactless, mediante tecnoloxía NFC. As usuarias só ten que dar de alta a súa tarxeta de débito ou crédito no seu dispositivo e achegalo ao TPV, aceptando a transacción mediante identificación por pegada dixital ou iris.

Como parte do lanzamento, as usuarias de Bankia que se rexistren en Samsung Pay e realicen as súas compras do 6 de decembro ao 6 de xaneiro recibirán un abono de 5 euros. Ademais, pódense recibir puntos polo programa de fidelización Samsung Rewards.

Sobre o autor

Reply