Novo Windows 365, o sistema operativo de Microsoft na nube para calquera dispositivo

Microsoft anunciou onte o lanzamento de Windows 365, un servizo cloud que introduce unha nova forma de experimentar Windows 10 – e Windows 11 cando estea dispoñíbel a final de ano – destinado a entornos empresariais de calquera tamaño. Windows 365 leva o sistema operativo á nube de Microsoft, o que proporciona a experiencia completa de Windows, con aplicacións, datos e configuracións, aos equipos persoais ou corporativos.

A chegada desta nova plataforma supón a creación dunha nova categoría de informática persoal híbrida chamada Cloud PC, que utiliza tanto a potencia da nube como as capacidades do dispositivo para ofrecer unha experiencia Windows completa e personalizada, e que nace nun momento no que todo tipo de organizacións están a explorar modelos de traballo híbridos, nos que as empregadas poden traballar desde unha oficina ou desde calquera outro lugar do mundo no que se atopen.

Ao aproveitar a capacidade do sistema operativo Windows e o potencial da nube, Windows 365 ofrece a calquera organización tres aspectos chave: potencia, sinxeleza e seguridade.

  • Potencia. Co arranque instanténo do seu PC personal na nube, as usuarias poden acceder a todas as súas aplicacións, ferramentas, datos e configuracións desde a nube a través de calquera dispositivo. Windows 365 proporciona a experiencia completa dun PC na nube, e a versatibilidade en canto a potencia de procesamento e almacenaxe, o que permite ampliar ou reducir a capacidade en función das necesidades.
  • Sinxeleza. Cun PC na nube as usuarias poden iniciar sesión e continuar onde o deixaron, con independencia de cal foi o último dispositivo que empregaron para conectarse, desfrutando dunha experiencia sinxela
  • Seguridade. Windows 365 é seguro por deseño e aproveita o potencial da nube de Microsoft e os principios de Zero Trust. A información está protexida e se almacena na nube, non no dispositivo, o que fai que sempre estéa actualizado.

Dispoñibilidade

O novo Windows365 estará dispoñíbel para todasas empresas, con independencia do seu tamaño, a partir do próximo 2 de agosto. Nesa data coñeceremos tamén o abano de prezos nos que se moverá esta opción.

Sobre o autor

Reply