Pepephone xa ofrece 5G e O2, que xa o ofrecía, faino oficial

Nos últimos días, dúas novas operadoras anunciaron novidades en relación ás redes 5G, a tecnoloxía de conexión móbil máis avanzada que podemos desfrutar de forma comercial nestes tempos: O2 e Pepephone.

O2, a segunda marca comercial de Movistar, xa viña ofrecendo este servizo á súa clientela de maneira oficiosa, pois aínda que era posíbel desfrutalo nas mesmas condicións ca con Movistar, o certo é que tanto na información das súas tarifas como nos anuncias prometía unicamente 4G. Tras o anuncio oficial do 5G, esta nova tecnoloxía de conexión xa figura de maneira oficial na información das tarifas e contratos, e mesmo forma parte dunha nova campaña publicitaria específica.

A outra operadora que anunciou a chegada desta nova tecnoloxía de conexión é Pepephone. A operadora, que forma parte do conglomerado do Grupo MásMóvil, fixo oficial o 5G tras varios días no que varias usuarias comentaron nas redes sociais que se conectaran a este tipo de redes. A cobertura 5G de Pepephone ofrécese, como no resto de marcas do Grupo, a través da rede propia de Yoigo e os acordos con terceiros operadores.

Coa chegada do 5G a diferentes marcas de baixo custe, a próxima que debería mover ficha é Vodafone con Lowi. Se ben unha alta directiva da compañía falaba hai unhas semanas nunha entrevista de que non tiñan moita présa por implementar esta novidade, asegurando que non era unha demanda da súa clientela, os movementos no resto de operadores podería facer cambiar de opinión á compañía e sumarse ás que xa dan acceso a esta tecnoloxía, para evitar quedar en desvantaxe.

Sobre o autor

One Response

  1. jd 16 Novembro, 2022 Responder

Reply