7 GB durante 7 días por 7 euros: así é a promo de Simyo por Semana Santa

De cando en vez as operadoras levan a cabo algunha que outra promoción vencellada a datas especiais, como o verán ou o Nadal. Simyo este ano anímase tamén cunha promoción de Semana Santa, pensada para que as súas clientas poidan disfrutar ao máximo das súas liñas.

Por 7 euros as usuarias de Simyo poderán gozar de 7 GB para consumir durante unha semana, exprimindo así os seus dispositivos. Porén, desta vez a compañía limita esta promoción á clientela actual, tanto de prepago como de contrato, non sendo válida para novas usuarias.

Será posíbel activar a promoción entre o día 6 e 17 de abril desde a área persoal. Unha vez feito, os 7 GB sumaranse aos datos contratados e poderanse disfrutar durante 7 días naturais a partir dese momento.

Que vos parece?

Sobre o autor

Reply