Unha pantalla de 98 polgadas no salón, a nova aposta de TCL

TCL, o segundo fabricante de televisores máis destacado a nivel global, vén de anunciar o lanzamento do seu novo modelo C805, que destaca pola súa impoñente panalla de 98 polgadas con resolución 4K (3840 x 2160 píxeles), que ademais é capaz de representar máis de 1.000 millóns de cores grazas ao seu panel de 10 bits.

O televisor conta cunhas dimensións de 2179 mm de ancho, 1289 mm de alto e un peso de 58 quilos, o que fai que non pase desapercibido, destacando tamén por un coidado deseño para adaptarse a diferentes tipos de salón.

Conta coa certificación VESA 1500 HDR, o que garante a máxima calidade de imaxe ao desfrutar de contidos de plataformas como Netflix ou Disney+, e funciona co sistema operativo Google TV, unha versión mellorada de Android TV que ofrece unha experiencia máis fluída e visualmente atractiva. Integra ademáis a función Chromecast para compartir contido desde dispositivos móbiles, e o seu mando é compatíbel cos comandos de voz a través de Google Assistant.

As persoas que usen o televisor para xogar, poden disfrutar dunha taxa de refresco variábel (VRR) e un panel nativo a 144 Hz, o que fai que a experiencia sexa máis inmersiiva e fluída. Tamén dispón de tecnoloxía FreeSync Premium Pro e o acelerador de xogos de 240 Hz, para garantir un rendemento extra en xogos de acción e carreiras.

O novo televisor de TCL xa se pode mercar, estando dispoñíbel a través das diferentes canles de distribución. O seu PVP é de 5.499 €, aínda que promocionalmente pode adquirirse por 4.402 € con envío a domicilio.

Sobre o autor

Reply