As filtracións descubren os segredos do realme GT5 Pro

Máis unha vez temos que falar dun dispositivo que ve como a súa folla de especificacións sae á luz antes da súa presentación oficial. O protagonista da historia de hoxe é o realme GT5 Pro, o dispositivo de gama alta que está a preparar realme para a súa inminente presentación na China, e que conta cunhas características superlativas.

De cumprirse todo o que se vai filtrando, o novo modelo de realme apunta a destacar a todos os niveis, a comezar polo seu interior, onde teremos o procesador Qualcomm Snapdragon 8 Gen 3, xunto con varias configuracións de memorias, sendo a superior de 24 GB de memoria RAM e 1 TB de capacidade de memoria interna.

No campo da fotografía temos un sensor principal Sony LYT-T808 de 50 megapíxeles, que estará ben acompañado, cun sensor telefono Sony IMX890 de 50 megapíxeles para mellorar o zoom óptico. Completando o trío de sensores da cámara principal estaría un gran angular OmniVision OV08D10.

A súa pantalla ficaría nas 6,78 polgadas, con resolución 1,5K e unha taxa de refresco de 144 Hz, e a batería nos 5.400 mAh, con carga rápida de 100 W. En canto ao sistema operativo, estará baseado en Android 14, coa interface realme UI 5.

Coñecidos estes datos só queda por saber cando será presentado, e se o fabricante terá previsto a súa comercialización no noso país.

Sobre o autor

Reply