Anunciados os novos HONOR X8b e X7b, que xa se poden mercar

HONOR anunciou o lanzamento de dous novos modelos, os HONOR X8b e HONOR X7b, dous dispositivos enmarcados dentro da gama media, que xa se poden mercar no noso país.

HONOR X8b

O máis completo dos dous dispositivos anunciados polo fabricante chinés é o HONOR X8b, que destaca pola súa pantalla envolvente de 6,7 polgadas. Trátase dun panel AMOLED con resolución 2412 x 1080 píxeles, relación de aspecto 20.1:9 e 16,7 millóns de cores, cubrindo o 100% DCI-P3.

No seu interior leva un procesador Qualcomm Snapdragon 680 de oito núcleos, con 8 GB de RAM e 256 GB de memoria interna, así como tamén unha batería de 4500 mAh de capacidade, con carga de 33W.

Entre os seus puntos fortes destaca o apartado da fotografía, onde o fabricante apostou por un sistema de triple cámara formado por un sensor principal de 108 MP (ISOCELL HM6); un sensor gran angular de 5 MP e un sensor macro de 2 MP. Dispón dunha tecnoloxía denominada Nonapixel Plus, que ofrece imaxes máis brillantes e nítidas adaptándose a diferentes entornos de iluminación, o que favorece mellores resultados especialmente en condicións de pouca luz.

Está dispoñíbel para mercar en dúas cores -verde e negro- por un prezo de venda recomendado de 269 €.

HONOR X7b

Pola súa banda, o HONOR X7b aposta pola autonomía, nun dispositivo que chega aos 6000 mAh de capacidade, mantendo unha estética bastante discreta, pero iso si, aumentando tanto o ancho até os 8,24 mm, como o peso, que fica nos 188 gramos.

A pantalla é un panel TFT LCD de 6,8 polgadas con resolución 2412 x 1080 píxeles, e no interior leva o mesmo procesador Snapdragon 680 de Qualcomm, con RAM de 6 GB e 128 GB de capacidade de memoria.

A cámara traseira volve ser triple, cun sensor principal de 108 MP (f/1.75), ultra gran angular de 5 MP (f/2.2) e profundidade de 2 MP (f/2.4), mentres que a frontal é de 8 MP.

Pódese mercar en verde ou negro por 229 €.

Sistema operativo

Tanto o HONOR X8b como o HONOR X7b chegan ao mercado con Android 13 e MagicOS 7.2, coa interface de usuario que ofrece MagicOS 7.2

Sobre o autor

Reply