R proba no estadio de Lomba (Vilagarcía) un sistema de retransmisión de eventos deportivos con 5G

O estadio arousán de Lomba foi o escollido pola operadora R para impulsar un proxecto piloto baseado na tecnoloxía 5G que permite gravar e retransmitir en tempo real eventos deportivos (videostreaming), un servizo de última xeración que se basea nun sistema de produción automática e remota con capacidades de vídeo en calidade 4K.

O sistema fai uso da intelixencia artificial (IA) aplicada á emisión automática do evento, permitndo recibilo a través de múltiples plataformas en Internet sen necesidade de operadores de cámara, tanto en difereido como en directo. Ademais, poderase executar a realización remota, por exemplo, dun partido de fútbol que se xogue nas instalacións do estadio, a través dunha mesa de realización na nube, accesíbel desde calquera lugar e coa posibilidade de xestionala manualmente.

Un sistema multicámara incluído no piloto facilita tamén o cambio de cámaras simultáneas de xeito inmediato, considerando os obxectivos tácticos máis específicos e interesantes para o deporte que se estea a retransmitir.

Con este proxecto piloto, R probará con 5G a conectividade de datos deste servizo sobre a plataforma Paragon de Singtel, socio tecnolóxico de R, e coa aplicación TiiVii da empresa galega Cinfo. A plataforma é pioneira pola cantidadesde capacidades que aglutina aplicadas a redes 5G, entre outras, a de facilitar un control de múltiples aplicacións. Isto tradúcese en rapidez, eficacia e redución de custes operativos á hora de ofrecer o servizo de videostreaming que se probará no estadio de Lomba estes meses.

No visionado do evento non existen límites de espectadores, que apreciarán todas estas vantaxes -de xeito simultáneo en varias plataformas se o desexan- cando gocen do deporte en tempo real ou en diferido- cunha calidade de imaxe óptima e potencialmente enriquecida con melodías, grafiscos, locucións ou vídeos enlatados, ademais de repetición manual das xogadas do evento deportivo.

Sobre o autor

Reply