Durante algúns minutos, o eclipse solar desta tarde poderase ver de maneira parcial nas provincias da Coruña e Pontevedra, sempre e cando as nubosidade que vén caracterizando este día primaveral no lo permita. Será entre as 21.01 e as 21.09 horas, é dicir, durante 8 minutos.
Como é habitual cada vez que se produce un eclipse, as expertas lembran os perigos para a vista de ollar este fenómeno sen adoptar as medidas de precaución axeitadas. E máis aló diso, evitar o uso de prismáticos e telescopios sen os correspondentes filtros solares. Por iso é recomendabel empregar un filtro homologado, cun índice de opacidade 5 ou superior. Ou no seu defecto uns lentes de soldador escuras.
A tentación pode levarnos tamén a querer inmortalizar o momento sacando unha foto co móbil ou coa cámara, mais igual que acontece coa nosa vista, deberemos tomar as mesmas medidas de prevención. Evitaremos así danar o sensor ao estar exposto á intensidade dos raios ultravioletas.
We asked our @NASAHQPhoto team, and the answer is yes, the phone sensor could be damaged just like any other image sensor if it’s pointed directly at the Sun. This is especially true if you’re using any sort of magnifying lens attachment on the phone. You would need to utilize…
— NASA (@NASA) April 4, 2024
A propia NASA, en resposta ao youtubeiro Marques Brownlee, afirmou que os sensores das cámaras -do móbil ou outro tipo de cámara- poden danarse se apuntan directamente ao Sol, facendo fincapé no agravante de empregar algún tipo de lente de aumento. Por iso, recomenda empregar os mesmos filtros axeitados ca os que se empregan para protexer os nosos ollos.