realme prevé para este ano afianzar a súa presenza no noso país cunha estratexia de produto orientada as gamas de entrada e media. O último lanzamento, o realme Note 50, chega para ocupar un sitio relevante no segmento de primeiro prezo, cunha oferta de lanzamento moi interesante.
O realme Note 50 chega cun deseño minimalista e coidado, cunha traseira en dous tons e un grosor de 7,99 milímetros. Sitúase así entre os modelos máis delgados do seu rango, e un peso de 186 gramos. Conta con clasificación IP54 que o fai resistene a pó e auga, podendo soportar salpicaduras accidentais.
A súa pantalla é un panel de 6,74 polgadas, cunha relación pantalla – corpo do 90,3%. Soporta un brillo máximo de 560 nits, e a súa frecuencia de actualización é de 90 Hz. No seu interior alberga un procesador de oito núcleos UNISOC T612, con 8 GB de RAM (4 GB + 4 GB virtuais) e 128 GB de almacenaxe interna. Conta con soporte para expansión de memoria mediante tarxetas microSD de até 2 TB de capacidade.
A súa batería é de 5.000 mAh, coa garantía de que segue a manter máis do 80% da súa capacidade tras 1200 ciclos de carga. Isto significa que cunha carga ao día, pode empregarse con tranquilidade durante tres anos.
Na parte traseira leva unha cámara principal de 13 MP, e na frontal de 5 MP. Ambas as dúas levan implementadas funcionalidades de intelixencia artificial, para adaptar os diferentes parámetros ás escenas que se queren fotografar, conseguindo así mellores resultados.
Dispoñibilidade e prezo do realme Note 50
O realme Note 50 xa está dispoñíbel, e se pode mercar en dúas cores: negro ou azul. O seu prezo de referencia será de 119 €, mais como promoción de lanzamento pode adquirirse por 99 €.
Máis info | realme