Co gallo da conmemoración do Día da Nai, Vodafone vén de anunciar unha importante batería de descontos en dispositivos. No mellor dos casos, esta rebaixa chega ao 81%. Deste xeito, as usuarias que cambien os seus servizos polos de Vodafone poderán beneficiarse de ofertas en smartphones, smartwatches, tablets e auriculares sen fíos.
Son un total de 17 dispositivos de marcas como Xiaomi, OPPO, Samsung, Apple, Motorola, TCL e Honor, algún dos cales mesmo chegarán a estar dispoñíbeis por cero euros a cambio de permanencia. En todos os casos, as ofertas estarán dispoñíbeis até o próximo 9 de maio.
Ofertas Vodafone polo Día da Nai
Entre as ofertas seleccionadas por Vodafone destaca a dispoñibilidade da pulseira de actividade Xiaomi Band 8 ou dos auriculares Xiaomi Redmi Buds 5 Pro. Ambos os dous poden adquirirse de balde ao facer portabilidade de contrato a calquera tarifa converxente superior aos 40 €/mes.
Por 4,99 €/mes durante 36 meses pódese adquirir o Xiaomi Redmi Note 13 Pro, facendo portabilidade á tarifa Vodafone Ilimitada Max (37,10 €/mes) ou superiores, o que supón un desconto do 55% respecto ao seu prezo orixinal. Quen prefira o Redmi Note 13 Pro+ pode adquirilo nas mesmas condicións cunha cota mensual de 7,99 €/mes (desconto do 42%). Pechando o listado dos modelos Xiaomi dispoñíbeis temos o Xiaomi 14 Ultra, por 28 €/mes (desconto do 33%) durante 36 meses.
Quen prefira un dispositivo da marca OPPO pode elixir entre o OPPO Reno 10 por 3,99 €/mes (81% de desconto) ou o OPPO Reno 11F por 9,99 €/mes (40% de desconto). En ambos casos a duración da cota é de 24 meses, e é preciso facer unha portabilidade a unha tarifa Vodafone Ilimitada Max (37,10 €/mes) ou superior.
A contratación da tarifa Vodafone Ilimitada Max (37,10 €/mes) ou superiores tamén permite adquirir os auriculares Samsung Galaxy Buds FE por 0,99 €/mes (78% de desconto), o Samsung Galaxy A54 por 7,99 €/mes (62% de desconto) ou o reloxo Samsung Galaxy Watch 6 de 40 mm por 9,99 €/mes (35% de desconto). En todos os casos, as cotas son por 24 meses.
Se falamos de Apple, temos o Apple Watch Series 9 de 45 mm por 12,99 €/mes (22% de desconto) durante 36 meses, ou os auriculares Apple Airpods por 3,50 €/mes (47% de desconto) en 24 cotas. Novamente, é preciso portar a liña á tarifa Vodafone Ilimitada Max (37,10 €/mes) ou plans superiores.
O Motorola Edge 50 Pro chega por 8,99 €/mes (54 % de desconto) durante 36 meses, incluíndo tamén de regalo os Moto Buds+, valorados en 149,99 €. Outro modelo do mesmo fabricante, o Motorola G84 5G custará 4,99 €/mes (64% de desconto) durante 24 meses.
O novo modelo de TCL, o TCL 40 NxtPaper baixa a 1,99 €/mes (71% de desconto) durante 36 meses, e a tablet TCL Tab 11 NxtPaper por 2,50 €/mes (63% de desconto) durante 36 meses. Por último, o Honor 90 Smart pódese adquirir a cambio de 2,99 €/mes durante 24 meses (71% de desconto).
Para acceder a estas ofertas de Motorola, TCL e Honor tamén é necesario portar a liña a unha tarifa Vodafone Ilimitada Max (37,10 €/mes) ou superior.