realme vén de anunciar o desembarco da súa serie realme 12 5G. Esta nova liña chegará ás tendas o 14 de maio, e contará con tres modelos: realme 12 5G, realme 12+ 5G e realme 12x 5G. Chegan para complementar os realme 12 Pro+ 5G e realme 12 Pro 5G, que xa están no mercado desde hai varias semanas.
O realme 12+ 5G está equipado co procesador MediaTek 7050, e leva á cámara principal un sensor Sony. Trátase do LYT 600 de 50 MP, cun zoom óptico 2x, que promete imaxes máis claras cando os obxectos se atopan a certa distancia.
Destaca tamén por introducir no seu segmento de prezos a tecnoloxía Waterproof Touch Screen, que proporciona ás usuarias maior precisión para interactuar cando a pantalla está mollada. En canto ao deseño, chama a atención o acabado en coiro vegano.
Pola súa banda, o realme 12 5G leva no seu interior un chip MediaTek D6100+, xunto cunha batería de 5.000 mAh e carga rápida de 45W. E xa por último, o realme 12x 5G aposta por un deseño “Light” Feather”, que á luz do sol ofrece uns patróns de plumas que amosan unha apariencia máis lixeira do dispositivo.
realme ten programado un evento para este xoves, no que a compañía desvelará toda a información e características destes dispositivos, así como o prezo ao que chegarán ao mercado.