Chama de balde con Skype

O popular programa de voIP Skype conta cunha aplicación interesante para Android, que nos permite facer chamadas de balde dende os nosos terminais con outros usuarios de Skype (que estean online, ben dende un PC ou outro terminal móbil).
Vista xeral do menú
A vista xeral da aplicación asemella á de Google Talk, e unha vez que temos iniciada sesión poderemos levar a cabo accións como mensaxería instantánea escrita, realizar/recibir chamadas telefónicas de balde entre usuarios Skype, chamadas a fixos e móbiles coas tarifas Skype.
Ademais, sincronízase coa nosa axenda de contactos de Android, o que fai un servizo moito máis completo.
No seguinte vídeo podedes ver como funciona (en inglés):
Malia todo, unha das pegas máis destacábeis é que non permite facer videochamadas ao móbil. Ademais, débese ter en conta que o uso da aplicación consume datos, polo que faise imprescindíbel contar cunha tarifa plana ou conexión WiFi.
Tamaño instalada: 13 MB
Prezo: de balde
Código QR para a súa instalación:

Sobre o autor

Reply