Probamos o Galaxy S II, o superteléfono de Samsung #mwc11

Samsung prometera espectáculo no Mobile World Congress e o certo é que sorprendeu. Aló chegou co Samsung Galaxy S II, que non é o sucesor do Galaxy S, senón o irmán maior, o máis avanzado.
Trátase dun móbil espectacular en todos os sentidos, cunha pantalla Super Amoled Plus de 4,3 polgadas e un tacto comodísimo. Lixeiro e delgado, tan só ten 8,49 mm de grosor e un peso de 116 gramos.
Está optimizado para todo tipo de público, dende xente moza que quere gozar do multimedia e dos xogos aos máis esixentes á hora de traballar, grazas a contar con Exchange, colaboración estreita con Cisco para  WebEx e VPN (Virtual Private Network).
A conectividade é total grazas ao HSPA+ e a WiFi a/b/g/n. Tamén dispón de Samsung Allshare, unha aplicación pensada para que compartir o contido multimedia sen fíos entre o teléfono, a televisión ou ordenadores sexa algo sinxelo e intuitivo.
Por suposto, grava en HD e a súa cámara traseira é de 8 MP, polo que podedes imaxinar a calidade das fotografías. Tamén ten unha cámara frontal para videochamadas, iso si, de 2 MP.
Vén equipado co famoso NFC (Near Field Communication), chip que xa é habitual nos últimos terminais que se puxeron no mercado, e que permite, entre outras cousas, pagar en medios de transporte, máquinas vending, étc.
No seguinte vídeo, podédelo ver en funcionamento. Que vos parece?

Sobre o autor

Reply