Appoke: o ‘Market’ máis social

Por inercia, o primeiro que facemos cando queremos buscar unha aplicación que faga X cousa, dirixímonos ao Android Market. Sen embargo, cando xa levas algún tempo con Android pode que chegues a un punto no que non saibas que instalar porque… que máis podes facer co teu smartphone?

Por iso inquires ás túas amizades para comparar que aplicacións tedes instalados uns e outros… basicamente esta é a filosofía de Appoke, un Market alternativo e cun importante grao social. No seguinte vídeo podemos ver de que vai (en inglés):


Appoke – Social App Store for Android from Appoke on Vimeo.

O primeiro que hai que facer para usar Appoke é baixarse a aplicación (ligazón ao final) e rexistrarse como usuario. A continuación poderemos buscar os nosos amigos que usan a aplicación (a través de Facebook ou Twitter) ou recomendarlle aos que non o usan que se unan, para poder difrutar ao máximo da compoñente social.
Feito este rexistro xa poderemos usar a aplicación tal e como se viu no vídeo:
  • Ver as aplicacións que instalaron os nosos amigos.
  • Recomendar aplicacións.
  • Ser recomendados
  • Étc.
No momento de facer esta entrada hai dispoñíbeis 3305 aplicacións ordeadas en 22 categorías temáticas, inda que tamén poderemos facelo dacordo ao criterio gratuítas/de pagamento.
Se vos gusta a idea, non dubidedes en pasarvos pola súa web e probalo! Para descargar a aplicación podedes usar esta ligazón (arquivo apk) ou o seguinte QR:

Sobre o autor

Reply