Sube ao espazo co Samsung Galaxy S II

Samsung lanzará o seu Galaxy S II ao espazo na vindeira fin de semana e admite tripulantes… claro que para aparecer na pantalla durante a retrasmisión en directo vía UStream, así que nós decidimos aventurarnos e subir ao espazo, viaxando o vindeiro día 2.
Se queredes metervos nesta aventura, tedes que seguir os vindeiros pasos:
1.- Acceder á web do proxecto.
2.- Introducir o noso usuario de Twitter ou Facebook no recadro inferior, coa rede marcada e a mensaxe que queremos que apareza e darlle ao botón amarelo da esquerda.
3.- Abrirásenos unha xanela para autorizar a aplicación (no caso de Twitter) e aceptámola.
4.- Escollemos o día da viaxe e pulsamos NEXT
5.- Abrirásenos unha páxina na que deberemos marcar todas as casillas (aceptar as condicións)
6.- Sairanos a confirmación final co noso número de pasaxeiro:
Feito isto, xa seremos pasaxeiros da tripulación. Acompañádesnos?

Sobre o autor

Reply