A NASA xa ten aplicación Android

Nestes días nos que a NASA está a ser noticia por mor do derradeiro viaxe do Atlantis, a axencia espacial norteamericana aproveitou para lanzar outra cousa, neste caso cara o ciberespazo: trátase da súa aplicación oficial, que xa está dispoñíbel no Market.
Grazas a ela poderemos coñecer moito máis de todo o que nos arrodea e compartilo cos nosos amigos ou seguidores de xeito doado grazas á integración con Facebook e Twitter.
Entre outras cousas, atoparémonos milleiros de imaxes e vídeos, información actualizada sobre as misións que está a desenvolver a axencia, así como información e mapas dos diferentes centros cos que conta.
Pode que non sexamos afortunados de poder subir aló arriba a contemplar unhas marabillosas vistas do noso planeta (e xa que estamos aló, facer check-in en Foursaquare), pero si que podemos presumir de levar un pedaciño de ceo no noso androide 🙂

Sobre o autor

Reply