Como rootear o Samsung Galaxy S II

Como xa vos temos comentado, o Samsung Galaxy S II é un dos terminais Android máis desexados do momento e un dos que está a ter un éxito maior en ventas. Se tedes un SGS2 e queredes facerlle root para sacarlle todo o xugo, deixámosvos este terminal cos pasos que debedes seguir para facelo.
Importante: En ningún caso nos facemos responsábeis do que lle puidera acontecer ao voso terminal despois de executar estes pasos, facédeos baixo a vosa propia responsabilidade.
  1. Instalar Kies no PC (baixar aquí)
  2. Descargar Odin3 (baixar aquí)
  3. Descargar S2 Root e extraémolo nun lugar onde o teñamos localizado (baixar aquí)
  4. Descargar o Kernel inseguro correspondente á versión de Android instalada no noso terminal, para o que debemos acceder ao Menú de Axustes -> Acerca do teléfono. Interésanos saber o que pon en “Versión do Kernel”, xusto despois de I9100 (por exemplo, se pon 2.6.35.7-I9100Buke5-CL227058.. o código de Kernel sería BUKE5). (baixar aquí).
  5. Activar Debug no SGS2 se non o temos xa feito (Axustes-> Aplicacións->Desarrollo e ter seleccionado Depuración de USB).
  6. Reiniciamos o teléfono en “Modo Descarga”. Isto faise pulsando Baixar Volume + Home + Power á vez e en cando acenda debería aparecernos o debuxo do logo de Android co texto Downloading justo abaixo (se nos aparecese un texto en inglés debemos pulsar a tecla Subir Volume para ir á citada pantalla.
  7. Conectar o móbil ao PC e arrancar Odin3 (para verificar que se recoñece o móbil debe aparecer o texto ID:COM xunto un número nun dos cadrados de arriba á esquerda do Odin3).
  8. Verificamos que só estén marcadas as opcións Auto Reboot e F. Reset Time en Odin3.
  9. Pulsamos o botón que pon PDA e agregamos o Kernel inseguro descargado antes (probabelmente sexa preciso extraer o arquivo descargado para que no-lo recoñeza (Odin3).
  10. Pulsamos no botón Start e agardamos a que o móbil se reinicie de xeito normal (na pantalla de arranque apareceranos un triángulo amarelo; é normal, xa que estamos cun Kernel inseguro).
  11. Arrancamos S2 Root e pulsamos o botón Root device.
  12. Agardamos a que se reinicie novamente o móbil e xa temos o noso móbil rooteado!
  13. 13 (opcional): Instalar o Kernel seguro para eliminar o triángulo amarelo na pantalla de arranque: (descargamos o Kernel seguro axeitado ao noso móbil segundo o paso 4, repetimos pasos 6 a 10 pero flasheando o Kernel seguro en vez do inseguro).
Este manual foi elaborado polo desarrollador galego Kix2902, autor de aplicacións como gAppsLauncher ou a propia de Mallando, empregando como fonte este fío.

Sobre o autor

Reply