O Nexus S xa está recibindo Ice Cream Sandwich de xeito oficial vía OTA

A actualización a Ice Cream Sandwich do Nexus S xa está aquí, oficialmente. Estes terminais comezaron a recibir a ansiada razón de xeado que tanto agardaban, despois do parón que sufriu a OTA en decembro do ano pasado.
Esta paralización foi debida á detección dun alto consumo de batería,  pero unha vez amañado o tema Google pon de novo a actualización na rúa.
Os usuarios deste terminal recibiredes nos próximos días (un pouco máis tarde se o voso terminal foi mercado a través de Vodafone) o aviso da actualización OTA.

Sobre o autor

Reply