"Vinos y añadas", a guía definitiva de viños no teu Android

Seguramente algunha vez nun restaurante fixéronvos a típica de servirvos unha copa de viño para catar e decidir se se adapta ao voso padal. Os máis expertos non teredes problema e saberedes perfectamente se o que vos están a ofrecer é un produto de calidade ou non. Para o resto, ou para os padales exquisitos con pouca memoria, existe unha aplicación que nos axudará a recoñecer un bo caldo.

Trátase de Vinos y Añadas, unha aplicación que recolle información de máis de 2000 viños de 12 dos máis prestixiosos países cultivadores deste produto: Alemaña, Arxentina, Australia, Austria, Chile, España, Estados Unidos Francia, Italia, Nova Zelanda, Portugal e Suráfrica.

A aplicación amósanos información das anadas entre 1990 e 2010, realizada en base a prestixiosas listaxes do sector, indicando se é boa, moi boa, excelente etcétera.

A aplicación é gratuíta e está dispoñíbel para a súa descarga na Play Store

    Sobre o autor

    Reply