Fíltranse imaxes que poderían ser da nova tablet de Google

O mundo de rumores lévanos hoxe a falar da ansiada tablet low cost que Google estaría a piques de presentar xunto o fabricante Asus, cuxo prezo podería rondar os 200 dólares.
Os rumores sobre as súas características ou formas non fan máis que aumentar: sabíamos das 7 polgadas, da ausencia de elementos prescindíbeis nunha tablet como a cámara traseira ou o GPS, que contaria cunha  nova versión de Android (sen saber exactamente se veríamos Jelly Bean ou un ICS mellorado)… e agora temos unha foto, ou mellor dito, dúas.
Sen poder dicir nada sobre a veracidade ou non das imaxes, cando menos a parte frontal lémbranos a estética dun smartphone máis ca dunha tablet, que vos parece a vós?

Sobre o autor

Reply