Xiaomi Mi-2S e Xiaomi Mi-2A: o novo ataque do fabricante chinés

O auxe dos fabricantes chineses como Huawei e ZTE é máis ca evidente, pero tamén hai outros xogadores coas cartas sobre a mesa, como é o caso de Xiaomi, algo menos coñecido pero do que xa temos falado en varias ocasións.
Xiomi Mi-2S
Desta vez toca comentar dos seus novos terminais, no que chama a atención o Mi-2S, un dispositivo cunhas características técnicas máis ca envexábeis. Así, dispón de procesador Snapdragon 600 de catro núcleos a 1,7 GHz, pantalla de 4,3 polgadas con resolución 1280 x 720 píxeles, 16 GB de almacenaxe interna, batería de 2000 mAh e dobre cámara, a principal de 13 megapíxeles.
O mellor de todo é que ademais ten prezo de gama media, 370 dólares (uns 280 euros ao cambio actual)
O Xiaomi Mi-2A estará dispoñíbel nunha ampla gama de cores
Doutra banda, desde Xiaomi tamén presentaron o Mi-2A, con características algo máis modestas. Así, este dispositivo incorpora un procesador de dobre núcleo a 1,7 GHz, pantalla de 4,5 polgadas, dobre cámara (8 / 2 megapíxeles) e NFC. O seu prezo é de 270 dólares, sobre 206 euros.
Ambos os dous traen de serie a ROM MIUI e teñen prevista a súa comercialización no mercado chinés. Malia todo, é probábel que se poidan mercar fóra de China, aínda que isto non ocorrería até dentro duns meses.

Sobre o autor

Reply