BlackBerry Messenger chegará en verán a Android (e iOS)

Esta primavera fai florecer os servizos de mensaxería. Se todo resulta como está previsto, mañá coñeceremos Hangouts (Babel? Babble?), a “sorpresa” de Google. E hoxe, un día antes, BlackBerry anuncia que durante o verán chegará a Android (tamén a iOS) a versión do seu sonado BlackBerry Messenger.
Malia todo, non todos os Android serán compatíbeis con este servizo, pois débese ter a versión 4.0 – Ice Cream Sandwich ou superior. Entre as funcionalidades da aplicación de mensaxería de BlackBerry están os chats multiusuario, a compartición de notas de voz ou os BlackBerry Groups, que poden contar con até 30 persoas cos que compartir calendarios, fotos ou outro tipo de arquivos.
Credes que este servizo chega tarde ou aínda está a tempo de loitar por facerse un oco xunto a Whatsapp ou Line?

Sobre o autor

Reply