Vodafone lanza 4G en España con varios Android compatíbeis

Vodafone vén de lanzar a súa oferta comercial de 4G en España, adiantándose a Yoigo (18 de xullo) e Orange (8 de xullo), podéndose contratar desde hoxe mesmo para comezar a funcionar este mércores.

Nun primeiro momento as cidades incluídas neste plan son Madrid, Barcelona, Bilbao, Sevilla, Valencia, Málaga e Palma de Mallorca, lugares nos que a cobertura exterior é do 55% e do 25% en interiores. As velocidades máximas que estiman son de 150 Mbps en descarga e 50 Mbps en subida.


Os clientes de Vodafone con tarifas RED3, RED PRO3 e superiores terán o servizo 4G incluído, mentres que o resto de clientes deberán pagar 9 €/mes a maiores se desexan disfrutar destas novas velocidades. Iso si, até setembro a proba é gratuíta.
Entre os terminais compatíbeis están o Samsung Galaxy S4, o Sony Xperia Z, o Sony Xperia SP, o LG Optimus G e o Huawei Ascend P2. Ademáis tamén a tablet Sony Tablet Z. Todos eles son dispositivos de alta gama que levan Android 4.1 ou 4.2 (Jelly Bean).

Sobre o autor

Reply