HTC apúntase á moda "mini" co seu HTC One Mini

Ao igual que xa fixera Samsung, HTC vén de lanzar a versión “mini” do seu terminal de referencia, o HTC One, un terminal que integra parte das funcionalidades do seu irmán maior mais cunhas características técnicas recurtadas.
Así, o novo smartphone de HTC integra unha pantalla de 4,3 polgadas, procesador de dobre núcleo a 1,4 GHz, 1 GB de memoria RAM, 16 GB de memoria interna e cámara principal de ultrapixel e frontal de 1,6 megapíxeles
As funcioanlidades software que sorprenderon do One, como BlinkFeed, Zoe ou BoomSound tamén están presentes neste terminal que conta con Android 4.2 Jelly Bean.
Estará dispoñíbel no mes de agosto en varios mercados, aínda que o lanzamento mundial será en setembro.

Sobre o autor

Reply