Controla os teus gastos con Toshl

Toshl-logo-horizontal

Para moitos de vós é importante levar un control exacto das vosas contas, tarefa que fai moi sinxela esta aplicación. Toshl ten un deseño bonito e permítenos elixir unha morea de moedas e unha hora do día na que por unha alarma para non olvidar metelos gastos do día.

screenshot-20130924-001053

Conta con dúas pestanas importantes como son as de gastos e ingresos, nas que podemos etiquetar a natureza destes gastos ou ingresos. Ademáis permítesenos periodificar as entradas, e dicir, unha operación recurrente engádese de forma autómatica se a temos programada. Pero para poder facer esta operación temos que ter instalada a versión Pro, que é de pago.

screenshot-20130924-083830 screenshot-20130924-083846

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Logo, nunha terceira pestana visualizamos o balance de ingresos é gastos. Amósanos canto levamos ingresado e canto gastado e cal é o noso saldo para non entrar en deficit.

screenshot-20130924-090111

Na cuarta pestana o que se nos permite e elaborar un presuposto, unha opción que para moitos de nós ben seguro que a agradecemos para facernos unha idea previa da evolución dos nosos gastos nun momento determindado.

Ademáis conta cunhas opcións moi interesantes. Por exemplo podemos sinalar cando comeza o noso mes ou danos a posibilidade de que os datos que metemos na aplicación podénse extraer en diferentes formatos desde un sinxelo documento de texto até unha folla de excel ou un pdf. Teremos en conta, que algunhas destas opcións so se poderán usar na versión Pro.

screenshot-20130924-001852

screenshot-20130924-001915

 

 

 

 

 

 

 

 

Se cadra, outro punto a destacar sexa que Toshl pódese sincronizar coa versión web a cal e moi intuitiva e atractiva ao igual que a app e se temos que meter moitos datos, facelo desde o pc facilita esta tarefa.

Gustounos moito esta aplicación porque é moi lixeira, é moi doado de usar coseguindo que levar un control de ingresos e gastos eficaz.

Nome da aplicación: Toshl Finanzas

Prezo: Gratuita/Pago
Requerimentos: Android 2.1 ou superior
Descarga: Playstore

Sobre o autor

No Responses

Reply