Honor presenta Magic Portal

Presentada no pasado Mobile World Congress, Honor vén de anunciar Magic Portal. Trátase dunha aplicación impulsada por IA que pretende mellorar a nosa vida cotiá. Para iso, a app aborda aspectos como a automatización ou a personalización, ademais de ser quen de adiantarse ás intencións das usuarias.

Deste modo, Magic Portal analiza os textos e imaxes para comprender o que se necesita. E é a propia app a que se adianta a saber se precisamos reservar mesa nun restaurante, ou se queremos atopar a ruta máis rápida para chegar a tempo a unha reunión.

Tamén é capaz de tomar decisións mediante a automatización intelixente. Así, pode presentarnos as aplicacións máis axeitadas para as tarefas que queremos realizar, e só serán necesarios os xestos de pulsar e deslizar. Por último, Magic Portal aprende das usuarias para adaptarse ás súas preferencias.

Para poder usar Magic Portal é preciso activar a aplicación desde o menú dos terminais compatíbeis. Está dispoñíbel nos últimos modelos de dispositivos Honor con MagicOS 8.0, baseado en Android 14. Entre estes modelos está o recentemente lanzado Honor Magic6 Pro, ou o Honor Magic V2, cuxa actualización a Android 14 está prevista para maio.

Polo de agora, Magic Portal funciona cun número limitado de aplicacións. Entre elas hai redes sociais (Facebook, Instagram, TikTok ou LinkedIn), apps de mensaxería (WhatsApp, Chat), navegadores (Firefox, Edge) ou Google Maps, entre outras.

Sobre o autor

Reply