Vodafone Smart 4G e Orange Yumo: a marca branca democratiza o 4G

É unha relidade que a navegación 4G só está accesíbel a uns poucos privilexiados, dunha banda polos poucos lugares nos que hai cobertura deste tipo, como puidemos ver neste artigo no que analizamos a rede 4G de Vodafone na Coruña, e doutra tan ou máis importante como o é o prezo dos dispositivos, xa que esta tecnoloxía adoita estar reservada ás gamas altas.

Por iso unha nova tendencia entre as operadoras é a provisión de modelos  de baixo custe adaptados ao 4G; son terminais de marca branca, fabricados por empresas adicadas á telefonía móbil pero que se comercializan co nome da operadora. É o caso dos modelos Vodafone Smart 4G e Orange Yumo, dos que hoxe queremos falarvos.

Vodafone Smart 4G

VODAFONE-SMART-4G

O término gama media cobra sentido cando falamos dun dispositivo coma éste, xa que incorpora unha pantalla de 4,5 polgadas e unha resolución qHD (960 × 540 píxeles), máis que aceptabel para o groso do mercado pero un pouco xusto para o usuario esixente. As dimensións totais do terminal son 134 × 67.1 × 10.25 milímetros e un peso de 153gr. Cabe destacar que non posúe botóns físicos así que a pantalla non é efectiva en todo o seu tamaño.

Conta cun procesador doble núcleo Snapdragon S4 plus, có que alcanza unha velocidade de 1,2 GHz; e unha GPU Adreno 305. Estas especificacións son completadas por 1GB de RAM, xa común a toda gama media. En canto o apartado fotográfico, vén equipado cunha cámara de 8Mpx con LED e autofocus que nos permite grabación en FullHD. Non ten cámara dianteira, un importante handicap para o usuario que realice algunha videochamada ou Hangout.

smart 4g atras

A súa conectividade 2G/3G/LTE permitiranos acadar velocidades de navegación de ata 100MBps. A conexión WIFI n, o Bluetooth, GPS e o NFC completan o apartado. Ten 8GB de almacenamento interno, ampliables a 32 cunha tarxeta Micro-SD. Move Android 4.2 e ten unha batería de 1880mAh, ”suficiente” para alcanzar o día cun uso moi moderado.

En conclusión, un terminal de gama media máis que suficiente para o público xeral pero moi mellorable por parte de Vodafone. Xa como opinión persoal, a aposta de Orange cómese con patatas a ésta.

Estará dispoñíbel desde mañá e o seu prezo dependerá da tarifa elixida, mais para un caso xenérico de 0 € e un pago mensual de 7 € (adicionais á tarifa) queda en 203,28 € + IVE.

Orange Yumo

Pola súa banda, a alternativa de Orange é o Yumo, fabricado por Huawei, que tamén se sitúa na gama media. Incorpora unha pantalla de 5 polgadas IPS con resolución 720p, procesador Qualcomm S4 Pro de dobre núcleo a 1,2 Ghz e GPU Adreno 305, 1 GB de memoria RAM e 8 GB de memoria interna (algo máis de 5 dispoñíbeis para o usuario) que poden ser ampliados por tarxetas microSD.

orange yumo

Complementan as súas características unah cámara de 8 megapíxeles con flash LED que permite gravación de vídeo e FullHD, batería de 2400 mAh e Android 4.1 como sistema operativo base, aínda que incorpora unha personalización de interface da operadora chamada Emotion IU na súa versión 1.5. A súa conectividade 4G é LTE Cat 3 (taxas de até 100 / 50 Mbps) e as súas dimensións e peso son 139,5 × 71,5 × 9,3 mm  e 150 gramos respectivamente.

orange yumo atras

No que ten a ver coa súa distribución, pódese adquirir nun pagamento único de 262,28 € ou financiado por 7 euros ao mes durante 24 meses coas tarifas Delfín 25, Ballena 23 e Ballena 35 sen cota inicial ou se se ten a tarifar Ardilla 7 pagando unha cota inicial de 59 euros.

Como podedes ver, ambos terminais teñen unhas características técnicas semellantes e cumpren co obxectivo do encabezado deste artigo: facer o 4G accesíbel a todo o mundo. Cal colleríades vós?

Sobre o autor

Reply