WovieGame: sabes o título da película?

woviegame

Hai unhas semanas a xente de Cilenis puxo na Play Store un xogo moi simple co que os amantes do cinema poderán entreterse un bo anaco; chámase WovieGame.

Durante os 60 segundos que nos dá Woviegame poderemos demostrar se somos os que máis sabemos de cinema nun xogo no que, a partir dunhas palabras claves debemos adeviñar o título do filme en cuestión. As palabras poden facer referencia a múltiples cousas, como diálogos, personaxes, lugares e outros aspectos relacionados coa longametraxe en cuestión. Así mesmo, tamén nos ofrece a posibilidade de comparitr os nosos logros nas redes sociaias.

woviegame2

A aplicación é gratuíta e podedes atopala na Play Store.

Sobre o autor

Reply