O Motorola Moto X chega a Europa, por fin

Moto X

Esta mañá chegou unha nova moi agardada por moitos desde fai tempo, que se axitou recentemente co anuncio da data dun evento a nivel europeo de Motorola no que se presentará o que foi o seu principal terminal na era Google. Non é outro que o Moto X.

Para aqueles que non vos lembrades del, recordámosvos as súas principais características:

  • Pantalla de 4,7 polgadas con resolución 1280 x 720.
  • Procesador de dobre núcleo Qualcomm Snapdragon S4 Pro a 1,7 GHz.
  • 2 GB de RAM.
  • 16 GB/32 GB de memoria interna (non ampliábeis).
  • Cámaras de 10,5 e 2 megapíxeles.
  • Batería de 2200 mAh.

Pois ben, o terminal estará á venta no mes de febreiro en España a un prezo libre 429€, cifra que aínda non está 100% confirmada.

Tamén debemos dicir que hai unha cousa que nos gustou un pouco menos; non teremos a posibilidade de personalizar, case até o extremo o terminal, un dous seus punto diferenciadores coa competencia.

Que pensades deste terminal? Pode chegar un pouco tarde, logo de termos o Moto G desde antes do Nadal?

Sobre o autor

No Responses

Reply