Motorola terá sorpresas no Mobile World Congress 2014

motorola mwc

Se houbo un stand que daba tristura ver no MWC 2013, ese foi o de Motorola. A compañía, tras ser mercada por Google, facía a súa aparición unicamente de corpo presente; aló non había nada novidoso, simplemente catro trebellos, vellos coñecidos. Desde aquela Motorola presentou dous smartphones de grande éxito, o Moto X (que nos próximos días poderemos mercar aquí) e o Moto G, ademais de ter sido mercada por Lenovo, unha operación que analizamos en Praza Pública.

Hoxe coñecemos a través de CNET que Motorola ten preparado un evento en Barcelona, coincidindo co Mobile World Congress, aínda que non trascenderon máis datos sobre que farán aló, polo que podería ser tanto un acto no que falar da nova traxectoria da compañía como dar a coñecer o teléfono de 50 $ no que supostamente estarían traballando.

Que pensades que terá que amosar esta compañía no Mobile World Congress?

Sobre o autor

Reply