Descubre que está soando con What Is This Song (W.I.T.S.)?

wits

De seguro que moitas e moitos teredes oído falar de Shazam, a aplicación que é capaz de recoñecer a canción que está soando para ofrecernos datos sobre a mesma. Desde Galiza, e máis concretamente grazas a RedInput, chega W.I.T.S. (What Is This Song), unha ferramenta similar que nos permite facer o mesmo pero simplificando a información nunha soa pantalla.

A interface da aplicación é sinxela ao extremo, polo que unicamente teremos que facer un clic para que o noso dispositivo active o modo escoita. En poucos segundos aparecerá a ficha á canción resultante, amosando título e autor, ademais de vídeo en YouTube, letra e ficha dos artistas se estan dispoñíbeis.

Os resultados das nosas buscas pódense compartir a través do menú de compartición habitual de Android, ademais de quedar almacenados nun historial de buscas accesíbel desde o menú da aplicación.

WITS está dispoñíbel en dúas versións, unha gratuíta de probas (limitada a 10 buscas) e outra que custa 1,49 € sen ningún tipo de limitacións.

Sobre o autor

Reply