Conectividade, cada día máis presente nos nosos smartphones

conectividade

Cada día escoitamos ou lemos que os smartphones de hoxe en día teñen moitas opcións de conectividade, pero é posibel que a moitos de nos se nos escape todo o que iso significa. Falar de conectividade non é so falar de bluetooth, wifi ou 3G/4G, é moito máis.

Por todo isto é polo que queremos facer este artigo detallando polo miúdo que opcións de conectividade vos podedes atopar cada día nun maior número de terminais e non só na gama alta.

Imos tentar de explicar que son e para que podemos usar o NFC, Wifi Direct, DLNA e USB OTG.

NFC

NFC-Logo

É o acrónimo en inglés de Near Field Communication e o que nos permite facer é unha comunicación inarámica de curto alcance entre dous dispositivos que teñan este protocolo de comunicación co fin de intercambiar arquivos. É tan sinxelo de utilizar que tan só temos que achegar dous dispositivos NFC para que se aparellen e intercambien o contido que desexamos.

Wifi Direct

wi-fi-direct

O Wi-fi Direct é unha norma que nos permite comunicar entre si dous dispositivos Wifi sin pasar por ningún punto de acceso intermedio. A día de hoxe, no mercado atopamos multitud de dispositivos que nos permite usar esta norma como poden ser impresoras, cámaras, scanneres…

DLNA

dlna-logo

É o acrónimo en inglés de Digital Living Networl Alliance que naceu como unha alianza entre fabricantes de electrónica e informática co obxectivo de facilitar o intercambio de contidos entre dous dispositivos.

USB OTG

usb-otg-logo-680x339

O USB OTG (on the go) é unha evolución do USB que nos permite, por exemplo, conectar un pendrive ao usb do noso smartphone e así poder reproducir o contido do pendrive no noso móbil. É posibel que outro uso non moi habitual é que se o noso dispositivo ten un USB OTG, podemos conectarlle tamén un teclado ou un rato.

Vós tedes terminais que soporten estes protocolos? Dádeslle uso?

Sobre o autor

No Responses

Reply