Sony QX1 e QX30, as novas lentes reflex para mellorar as nosas fotografías

Na IFA2013 Sony deu un paso importante na innovación fotográfica móbil coa presentación duns lentes que potencian as posibilidades dos terminais Android, achegándonos en certa medida aos tradicionais lentes das cámaras reflex.

nexus2cee_Bildschirmfoto2014-09-02um154248_zpsf73eab11_thumb

Os modelos do 2013 foron o DSC QX10 e DSC QX100:

  • DSC-QX10: cun sensor CMOS 1/2.3 e 18 megapíxeles, cunha apertura de f/3.3-5.9.
  • DSC-QX100: cun sensor Exmor R de 1” con 20,2 MP e f/1.8.

Esta tarde descubrimos as novas versións destes:

  • QX1: cun sensor APC-S Exmor, 20.1 mpx e 1080/30p video.
  • QX30: cun sensor Exmor R CMOS 1/2.3 e 20,4 megapíxeles, zoom 30x e f 24-720mm / zoom óptico de 3.5 a 6.3 e 1080/60p.

Malia a mellora xeral dos mesmos, a grande novidade é que na QX1 temos un flash pop-up que multiplica as opcións fotográficas destes peculiares gadgets. A conectividade co noso smartphone segue a ser a través da aplicación oficial de Sony vía WiFi, asistido por NFC.

Captura-de-pantalla-2014-09-03-a-las-16.36.32-680x351

Ambas lentes estarán á venda entre outubro e novembro, por un prezo que rondará os 350 euros. Son compatíbeis non só con terminais Sony, senón tamén coa inmensa maioría dos terminais Android que sexan compatíbeis coa aplicación que as xestiona.

Que nos dicides, interésavos este tipo de accesorios?

Deixa un Comentario