Moto Hint, o auricular de Motorola que nos achega ao futuro

É imposíbel ollar o novo auricular Bluetooth de Motorola en on pensar no filme Her. Falamos do pequeno Moto Hint, que se introduce na nosa orella e nos permite controlar o novo Moto X a través de comandos de voz, sen necesidade de telo a man.

moto-hint

Entre as súas especificacións destaca a automía; estamos a falar de 100 horas en stand by ou 10 horas en conversa. Polo demais, funciona con Bluetooth 3.0 e fai tamén de mans libres durante as chamadas.

carga moto hint

Non está claro que sexa compatíbel con outros dispositivos máis aló do propio Moto X, nin se chegará a poñerse á venda no noso País. Polo de agora só está dispoñíbel nos Estados Unidos por 149 dólares.

Sobre o autor

No Responses

Reply