Wiko actualiza o seu Highway: chega o Highway Signs

Wiko_HIGHWAY_SIGNS_compo2_white_silver-1-300x271

Logo do éxito do seu predecesor, o Wiko Highway, o primeiro terminal de 8 núcleos da compañía, Wiko vén de presentar o seu sucesor, o Highway Signs, que quere seguir na liña de ofrecer boas prestacións a prezos accesíbeis para un público amplo.

O máis destacado do dispositivo é precisamente o seu procesador octacore a 1,4 GHz, que vén acompañado por 1 GB de memoria RAM e 8 GB de memoria interna, ampliábeis por microSD de até 32 GB. A súa pantalla é un panel de 4,7 polgadas (1280 x720), e as cámaras son de 8 e 4 megapíxeles, a principal con flash autofoco e detector de rostros. A batería é de 2000 mAh

O Wiko Highway Signs vén con Android 4.4 (KitKat) e está dispoñíbel en branco e gris escuro por 199 €

Deixa un Comentario