Oral B revoluciona o lavado de dentes cos novos cepillos conectados

oralb portada

Somos frikis. E como tal, até hai pouco adoitabamos dicir que chama a nosa atención todo trebello que tivese pantalla ou emitise luceciñas. Mais agora vémonos na obriga de ampliar as nosas miras e engadir no mesmo saco aos trebellos con Bluetooth.

Entre eles está o novo cepillo de dentes Smart Series de Oral-B,un trebello que se conecta ao noso smartphone por Bluetooth para axudarnos a controlar e programar a nosa hixiene bucal.

A idea é semellante a outros sistemas de cuantificación de rendimento aos que xa estamos acostumados, como as aplicacións de seguimento deportivo. A través dunha aplicación, Oral-B App, rexistraremos os datos de cada cepillado, podendo personalizar os axustes dacordo ás necesidades e obxectivos, ademais de que un dentista pode programar hábitos para dar solución a problemas dentais.

oralb

O novo Smart Series vén con Bluetooth 4.0 e tecnoloxía 3D (oscilante, rotacional e pulsátil) que elimina até un 100% mái de placa ca un cepillo manual. É compatíbel con todos os cabezais de Oral-B e dispón de 6 modos de limpeza (diario, profundidade, branqueamento, especial encías, sensíbel e limpeza lingual) para uns mellore acabados.

Comercialízase por 199,95 €, un prezo que inclúe o cargador e un protector para poder levalo nas nosas viaxes.

Que vos parecen este tipo de dispositivos? Empregades cepillos eléctricos? Védeslle uso a estas novas funcionalidades? Cóntanolo nos comentarios ou no noso Twitter, @mallandroid.

Deixa un Comentario