O Yotaphone 2 con dobre pantalla xa é unha realidade

650_1000_yotaphone2_b_low

No pasado MWC chamou a nosa atención a empresa Yota, que xa andaba amosando maquetas dun Yotaphone 2, un trebello que vén de facerse oficial e que destaca por contar con dúas pantallas, aínda que con truco, xa que unha delas é de tinta electrónica.

Isto permite disfrutar dun segundo panel sempre activo, moi útil para amosar información sen apenas consumir batería e mesmo unha vez agotada esta, polo que evitaremos sustos se, por exemplo, estamos de viaxe e temos as tarxetas de embarque dixitalizadas no móbil. Esta pantalla de tinta electrónica ten un tamaño de 5 polgadas e é táctil. Do outro lado do terminal temos a pantalla principal, que é un panel AMOLED FullHD de 5 polgadas e protección Gorilla Glass.

650_1000_yotaphone2_a_low

Polo resto de especificacións, o Yotaphone 2 enmárcase na gama media actual, xa que conta cun procesador SnapDragon 800, 2 GB de RAM, 32 GB de memoria interna, cámara frontal de 8 megapíxeles e batería de 2550 mAh.

Porase á venda no noso país cando menos a través da páxina web da compañía por un prezo que rondará os 700 euros, quizais un tanto elevados para o hardware que incorpora.

Que vos parece?

Deixa un Comentario