O xogo ‘Ingress’ segue medrando e mudando o xeito de xogarmos

Hai uns meses publicamos unha nova sobre  Ingress un xogo creado por Niantic de Google Labs, o 15 de novembro celebrouse o segundo aniversario de Ingress xogo que xa levaba dende os seus comezos en Android e dende relativamente pouco o podemos ter tamén na plataforma de iOS.

Creado pola compañía Niantic de Google Labs, en primeiro lugar,teremos escoller a facción que queremos defender, xa sexa, “Iluminados” ou “Resistencia”. 

ingress-portada

Coa celebración de dito aniversario Niantic de Google Labs, publicou unha pequena infografía sobre os datos obtidos ata o momento, en primeiro lugar que as axentes de todo o mundo déronlle un novo significado a denominación de “videoxogo“, xa que en lugar de pasar a vida sentado no sofá, estas axentes adicáronse a percorrer o mundo a pé, en bicicleta, kayak, coche, moto, tren, barco ou avión, é dicir, na maioría dos medios de transporte que se vos puidese ocurrir.

Pero isto non só por ir defender un portal ou intentar conquistar un portal inimigo, senón que tamén á hora de coñecer novos lugares que non tiñamos constancia deles como a de facer novas amizades por todo o globo terráqueo. Na infografía presentada Niantic Labs agradece a axuda de todo o mundo, porque grazas a este conxunto redescubriron novos lugares nos cales viviron e traballaron, como outros lugares que por sorte puderon visitar mentras traballaban cos axentes para crear esta experiencia única.

infografia ingress

Cos datos que obtivemos de Niantic LabsIngress xa foi descargado máis de oito millóns de veces en máis de 200 países e territorios arredor do mundo. As axentes viaxaron máis de 126 kilómetros durante o xogo, máis de 52.000 axentes asisitiron a algún evento en vivo en algunha das 281 cidades do mundo nos que se celebraron. No estado Español tamén houbo un deses eventos na cidade de Málaga e este sábado vaise celebrar uha nova cita, desta vez, na cidade condal de Barcelona, que recibe o nome de ‘Darsana‘. Os números falan por si sós, estamos ante un xogo cun enorme potencial e en constante desenvolvemento.

Se queredes obter máis datos sobre eventos oficiais podedes votar unha ollada na súa páxina de eventos.

One Response

  1. Jorge Lama 9 Decembro, 2014 Responder

Deixa un Comentario