En decembro de 2011 Google puxo en marcha Schemer, un lugar no que nos inspirar para descubrir cousas que facer, grazas aos nosos contactos ou a descoñecidos usuarios desta sorte de rede social. Non en van, un scheme defínese como un ‘plan segredo’.
Segundo confirman fontes próximas a Google, estase traballando nunha versión interna do sitio na que se informa do seu peche (imaxe superior), aínda que non se concretou unha data para o apagado final. De acordo con estas informacións, as e os usuarios poderemos recibir os nosos datos por email para conservalos se así o queremos.
Schemer non foi nunha un éxito de Google. De feito a súa aplicación sitúase entre as 100 e as 500 mil descargar, unhas cifras ridículas se as comparamos coas de outras aplicacións “non top” da compañía como Calendar ou Drive, ambas situadas entre os 10 e os 50 millóns.