Xiaomi presenta o Mi Note PRO, un dos trebellos máis potentes do mercado

xiaomi mi note pro

Xiaomi segue a sorprender con cada novo trebello que presenta, o último este Mi Note Pro, pensado para as usuarias máis esixentes do mercado e que conta cunhas especificacións de luxo.

O Mi Note Pro integra unha pantalla de 5,7 polgadas QuadHD, procesador SnapDragon 810, 4 GB de memoria RAM, 64 GB de memoria interna e cámaras de 13 e 4 Mpx, a principal con OIS, flash de dous tons e sensor fabricado por Sony.

A batería sube queda nos 3090 mAh, é compatíbel coas redes LTE Cat 9 (as máis rápidas) e dispón de sistema de audio HiFi Audio. En canto a software, sairá á venda con Android 4.4 KitKat e a interface habitual da compañía, MIUI.

O Xiaomi Mi Note PRO estará dispoñíbel a partir de marzo por 3299 yuann, que ao cambio son uns 450 euros.

Que vos parece?

Sobre o autor

Reply