Samsung presentará en Barcelona o Galaxy S6, Galaxy S Edge e Gear A, segundo os últimos rumores

galaxy s6 concepto

Hai tanta información sobre o Samsung Galaxy S6 que a presentación semella inminente. Ademais, fontes que teñen resultado bastante fiábeis no pasado aseguran que será durante o MWC de Barcelona cando vexamos todo o arsenal que prepara Samsung para esta primeira parte do ano.

Hoxe foi o creador de SamMobile quen adiantou que o Galaxy S6 verá a luz no MWC, chegando acompañado dunha versión con pantalla curvada, Galaxy S Edge, e un wearable con pantalla circular, o Gear A, imaxinamos que con Tizen.

Cada vez falta menos para que Samsung desvele a axenda para o evento da cidade catalana. Cumpriranse todas as espectativas?

Sobre o autor

No Responses

Reply