IFTTT, a aplicación para sincronizar apps cunha sixela regra

ifttt 05

Hoxe queremos analizar para vós unha app coa que podemos automatizar moitas accións entre as aplicacións que temos instaladas no noso terminal. Esta aplicación chámase IFTTT.

Con ela podemos crear automatismos entre apps como podería ser que cada vez que gardamos un vídeo de Youtube para ver máis tarde ou unha nova de Feedly, creamos un ligazón en Pocket, e así temos todo o noso contido pendente de revisión centralizado en Pocket.

ifttt 03

O método para facer isto é sinxelo. Só temos que seguir a seguinte receita: IF (+) then (+), conde os (+) e o botón que temos que premer para engadir a app que desexemos.

ifttt 02

Outra posibilidade que nos da IFTTT entre aplicacións, é establecer unha regla pola que cando subimos unha foto a Instagram gardala automaticamente en Drive ou Dropbox a modo de copia de seguridade.

Ademáis deste tipo de automatismos entre aplicacións, tamén podemos crear outro tipo de receitas que consisten en recibir notificacións do sistema para cando recibamos un mail dunha dirección previamente elixida, podendo ver nesta notificación que non é un mail en xeral, se non que é dese contacto destacado.

As posibilidades que nos ofrece IFTTT son case infinitas pero aínda así atopamos algunhas eivas en temas de configuración. Por exemplo, se queremos crear un evento no calendario cando gardamos un vídeo de Youtube para máis tarde, non temos a posibilidade de establecer unha data se non que o evento calendario créase no momento que se garda o vídeo. Na nosa opinión, está opción sería moito máis potente se tivésemos a posibilidade de crear esta receita para que, por exemplo, nos saia unha alarma do calendario para as dez da noite que é a hora na que adoitamos estar conectados e así non esquecemos que temos ese vídeo pendente de ver. Como vos amosamos na seguinte captura, as opcións de personalización son escasas:

ifttt 04

Para sacarlle todo o partido a IFTTT debemos tomarnos certo tempo en ver todas as posibles combinacións que nos ofrece a aplicación ou mesmo escoller receitas que foron creadas por outros usuarios e compartidas na comunidade, o que nos aforra moito tempo. Como vemos a continuación, as receitas doutro usuarios están agrupadas por categorias: collections, featured ou tendring.

ifttt 06

En xeral pensamos que salvo contadas excepcións estas receitas non aportan moito pois o sistema de notificacións de Android xa é moi potente, e noutros casos ofrecen posibilidades que para nós non son relevantes. Se cadra é un lastre que arrastra IFTTT pois é unha app deseñada para iOS que contaba cun sistema de notificacións pouco configurábel e que posteriormente chegou a Android, pero claro os sistemas de notificacións entre estes dous sistemas operativos non era comparábel.

De calquera xeito, pensamos que é unha aplicación que pode resultar de interese que podedes atopar de balde na Play Store nesta ligazón.

No Responses

Deixa un Comentario