Mininovas Android: a malla da semana

VLC terá soporte para Chromecast

VLC Android

VLC está preparando unha importante actualización cargada de novidades. De entre todas elas, queremos destacar unha, que é a compatibilidade co Chromecast de Google. O que hoxe non temos claro é se esta novidade estará presente nos VLC para portátiles e sobremesas ou só para dispositivos móbiles.

Pebble xa é compatíbel con Android Wear

pebble-steel

Se sodes as afortunadas posuidoras dun reloxo intelixente da marca Pebble, estades de noraboa. Desde xa mesmo e grazas a unha recente actualización Pebble xa é compatíbel con Android Wear co que poderemos recibir e contestar notificacións de Android Wear no noso Pebble.

Queda claro con esta integración que Android Wear está sendo tomado moi en conta pola competencia.

LG G4 chegará en abril

valado lg

Moitas agardaban a presantación do novo flagship de LG no marco do MWC pero xa sabemos que non vai ser así. O que sabemos polo momento é que o G4 será presentado no mes de abril, pero polo momento non sabemos nin en que cidade nin que día.

En canto teñamos máis información, habémola compartir con vós coma sempre.

AVG atopa un novo malware

android virus

Esta semana publicouse que AVG atopou un novo malware que afecta a terminais con Android anteriores a Lolipop, e dicir, a maioria. Máis aló de facer chamadas sen consentimento ou sacar fotos, a novidade deste malware bautizado co nome de Android/PowerOffHijack, está en que para tomar control do terminal o que fai é simular un apagado, e así o dono do equipo non ve todo o mal que está facendo.

Coma sempre, reconmendámosvos que teñades coidado co uso dos vosos equipos, ollo coas as app que instalades pois a información que hoxe en día gardan os nosos smartphones é demasiado valiosa como para non tomar precaucións.

Deixa un Comentario