Vodafone vai un paso máis aló co 4G

vodafone celda 4g

Vodafone vén de preanunciar algunha das novidades que levará ao Mobile World Congress este ano, unha cita na que darán a coñecer novas tecnoloxías que facilitarán o despregamento da rede e mellorarán a experiencia das usuarias dos seus servizos. Falamos de LTE-U, Crowd RAN e DSL/4G.

O LTE-U, ou LTE Unlicensed, permite empregar a banda de frecuencias de 5 GHz, a mesma que usan as redes WiFi, de tal xeito que se pode mellorar a velocidade da rede até os 600 Mbps de descarga, segundo as probas levadas a cabo por Vodafone. Ademais, escolle en cada momento a canle menos conxestionada, o que fai que poida convivir sen maiores inconvintes coas redes WiFi das clientas.

A seguinte novidade que Vodafone levará ao MWC é o Crowd RAN, un método para abaratar e acelerar o despregamento das redes 4G, aumentando o cobertura grazas a múltiples puntos de acceso 4G compartidos en forma de minicélulas que só precisan conectarse á rede eléctrica para funcionar.

Finalmente, Vodafone anuncia novidades na tecnoloxía bounding DSL/4G, unha combinación das redes DSL tradicionais e o 4G para evitar que haxa interrupcións de servizo, ademais de sumar velocidades de conexión. O sistema é capaz de separar a nível de rede o tráfico entre 4G e DSL para que, de xeito transparente, sempre haxa rede aínda que caia un ou outro servizo; funcionando correctamente as usuarias poderán gozar das máximas velocidades, polo que pode ser unha solución para o rural galego.

Vodafone ten en marcha unha forte aposta polo 4G en todo o estado, tendo xa despregados máis de 6000 nodos cos que chega a 882 concellos (todas as cidades de máis de 70.000 habitantes, todas as capitais de provincia, zonas turísticas, 12 aeroportos, 7 estacións de trens, 32 espazos para eventos multitudinairos, 20 estadios de fútbol (incluídos Riazor e Balaídos) e pistas de esquí.

Ademais desde setembro ofrece 4G+ (LTE-A), que permite acadar velocidades de descarga por riba dos 300 Mbps, en A Coruña, Madrid, Barcelona, Valencia, Sevilla, Bilbao, Málaga e Zaragoza.

No Responses

Deixa un Comentario