Primeiras impresións das Samsung Gear VR Innovation Edition para o Galaxy S6

samsung gear vr galaxy s6

Xunto aos Galaxy S6 e Galaxy S6 Edge, Samsung amosou unhas novas lentes de realidade virtual móbil, as Gear VR Innovation Edition, un gadget que se adapta aos novos Galaxy presentados polo fabricante coreano no MWC e que sumerxe ás usuarias nunha experiencia completamente envolvente.

Esta versión das Gear VR é unha evolución do modelo para o Galaxy Note 4 visto no IFA de Berlín, e está fabricado en colaboración con Oculus, líder indiscutíbel da realidade virtual móbil. Resultan especialmente cómodas e máis lixeiras do que imaxinabamos antes de poñelas, aínda que entre os aspectos máis relevantes do seu deseño destaca a inclusión dun touchpad lateral para levar a cabo algunhas accións.

Unha vez que as poñemos podemos comezar a disfrutar de diferentes contidos de xeito inclusivo, transportándonos virtualmente a o lugar no que transcurren os feitos. Por poñer un exemplo, estivemos vendo unha actuación do Cirque du Soleil como se estivésemos dentro da mesma, cun punto de vista 360º que podemos mudar segundo xiremos a nosa cabeza para seguir algo en concreto que nos interese, e unha sensación de case poder tocar aos artistas.

Actuacións, cinema, fotografía… pero sobre todo o mundo do videoxogo ten un filón neste tipo de lentes, que se complementan cun pequeno mando para poder manexar os xogos coas mans mentres visualizamos o contido nos lentes.

Será este o futuro do consumo de multimedia?

Sobre o autor

No Responses

Reply