Xiaomi Xi Ling, as zapatillas intelixentes para a práctica deportiva

xiaomi-shoes

Xiaomi non nos deixa de sorprender con aparellos tecnolóxicos de todo tipo, desta vez cunhas zapatillas deportivas intelixentes, tras unha alianza coa tamén chinesa Li Ning, especializada en equipamento deportivo.

As Xiaomi Li Ning vñeen equipadas con diferentes sensores que captan o movemento e a presión, de tal xeito que permiten coñecer os pasos que damos andando ou correndo de xeito moito máis preciso ca outros wearables, como pulseiras ou reloxos, que tamén dan esta información.

xiaomi-shoes-2

Todos os datos son transferidos mediante Bluetooth ao smartphone, onde unha aplicación específica amosa toda a información e fai o cálculo de calorías queimadas e outros dados habituais das apps de control deportivo.

Como é habitual nos produtos da compañía chinesa, as Xiaomi Xi Ling non teñen un prezo desorbitado, desde a nosa perspectiva. Existen dous modelos, ambos cos mesmos sensores e protección á auga e suór, que podemos atopar por uns 66 e 108 € respectivamente en numerosas tendas, como por exemplo Tinydeal: modelo económico – modelo caro.

Vía

Deixa un Comentario