MIUI 7 chegará o próximo luns con estas novidades

miui 7 - 1

O próximo luns estará dispoñíbel MIUI 7, a nova versión da capa de personalización de Xiaomi, que poderán empregar as usuarias dos Redmi 1S, Redmi 2, Mi 3, Mi4, Mi4i, Redmi Note 3G e Redmi Note 4G e que incorpora diversas novidades, malia que segue sen estar baseada en Android 5.0 Lollipop, unha cuestión polo que xa recibiu numerosas críticas.

miui 7 - 4

MIUI 7 ten dous piares nos que se basea: a mellora do rendemento xeral dos terminais e o aumento das posibilidades de personalización.

miui 7 - 2

Para conseguir mellorar o rendemento establécese un novo sistema de demanda de CPU que alinea as chamadas que fan as aplicacións, co que consiguen reducir até un 48% o consumo de batería nos procesos que se executan en segundo plano, aínda que en termos reais isto supón aproximadamente o 10% de batería xeral.

Así mesmo, tamén se mellora a carga das aplicacións nun 30% grazas a que se optimiza a resposta do sistema operativo cargando os datos e as animacións e adaptando a aceleración (ou non) da CPU segundo as necesidades concretas.

miui 7 - 3

No que ten a ver coa personalización, presentaron unha nova aplicación chamada MUSE que permite ás usuarias crear temas totalmente personalizados e con animacións. Ademais, amplían con catro novas cores o catálogo de UI do sistema.

miui-7-5

Polo demais, a nova versión da capa de personalización de Xiaomi integra outros detalles que nos axudan a mellorar pequenas cousas no día a día. Un dos que máis nos gustou é a posibilidade de que a nosa Mi Band (a pulseira cuantificadora de Xiaomi) silencie as notificacións no móbil para cando quedamos durmidos, pero hai outros como o aumento do texto a un tamaño XXL que pode ser de utilidade para moitas usuarias.

Xa sabedes, se  tedes un dispositivo Xiaomi, estade atentas á semana que vén para probar todas estas novidades no voso trebello.

Vía

Sobre o autor

No Responses

Reply