O coche eléctrico de Xiaomi xa é oficial: así son os Xiaomi SU7e SU7 Max

Xiaomi pechou o ano 2023 anunciando oficialmente os novos Xiaomi SU7 e Xiaomi SU7 Max, a primeira gama de coches eléctricos da compañía, dos que xa tiñamos coñecemento, e que representan un novo fito para o fabricante chinés. E é que con este lanzamento, a compañía dá o paso definitivo da industria dos smartphones ao da automoción, completando o ecosistema “Human x Car x Home”.

Para o desenvolvemento deste proxecto, a compañía elaborou un plan de desenvolvemento no que potenciou cinco das tecnoloxías básicas para o vehículo eléctrico: o motor eléctrico, a batería, a hipercondensación, a condución autónoma e e cabina intelixente.

Das súas características, destaca especialmente a gran potencia do Xiaomi SU7, que é capaz de acelerar de 0 a 100 km/h en tan só 2,78 segundos, e de acadar unha velocidade máxima de 265 km/h. A súa autonomía chega até os 800 quilómetros, grazas a unha batería de 101 kwh, que ademais é capaz de cargar 200 km de autonomía en tan só 5 minutos, e chegar aos 510 km con 15 min de carga.

Como sistema operativo, os novos vehículos eléctricos de Xiaomi empregan Xiaomi HyperOS, presentado hai unhas semanas como o sistema para poñer orde en todo o ecosistema de dispositivos que ten o fabricante. Por outro lado, o seu chasis intelixente inclúe control adaptativo da condución, aerodinámica adaptada, control adaptativo do balanceo e flancos que se adaptan á condución.

Dispoñibilidade e prezo

Os Xiaomi SU7 e Xiaomi SU7 Max chegan ao mercado en tres cores dispoñíbeis: Aqua Blue (azul mariño), Mineral Gray (gris) e Verdant Green (verde)

O fabricante non desvelou o prezo exacto que custará o novo Xiaomi SU7 en cada unha das súas versións, se ben o CEO da compañía ofreceu un rango de prezos “de entre 12.000 e 50.000 €” nos que se movería, dependendo da versión elixida, acabados e a súa motorización. Porén, varias fontes expertas do mercado do motor apuntan a un prezo base duns 38.000 € para o Xiaomi SU7 e e duns 50.00 € para o SU7 Max.

O que si adiantou o CEO de Xiaomi, Lei Jun, foi que as primeiras unidades entregaranse aos seus compradores a comezos de febreiro deste 2024 na China, sen que polo de agora teñamos novas que apunten á súa posíbel comercialización fóra do país asiático.

Sobre o autor

No Responses

Reply